Dous corpos

Deberíamos tere dous corpos, un que se puidese luxar cada día, un corpo desperto, parpadexante, vivo e nervioso para o coito, e outro corpo lixeiro e soñador, que da carne soio tivese a sombra, cheo da auga fresca da solprendida mocidade, feito de soñares o sangue seu. Eu querería ser amada por este, e que o outro non me fose máis semellante que este maniquís. Con este corpo de soñares agardo e desespero! De calquer home eu podería ser, pro non cheguéi a adeprender nunca que é o que os homes queren dunha muller, e como se lles dá, sin que ao romperse o corpo, o espelliño da alma se quebre tamén.

Dona Inés, segunda xornada, cadro II. Escena I.



A noite vai coma un río
Álvaro Cunqueiro


Fotografía Anxela García Abalo e Cruz G. Comesaña. ® Centro Dramático Galego


Comentarios

Publicacións populares