O ingreso
Ourense era pequeneiro, ledo, falangueiro, fantástico. A Semana Santa moi devotiña. Cun silencio que ademiraba. No setembro do 1898 o neno ingresóu no Instituto. No do xardín, entón novo e fermoso. Aínda lembra estudantes no vello.
No tribunal estaban Don Marcelo, Don Salvador Padilla e un profesor de Francés, moi fino, de sombreiro de copa. Sentouse na mesa con Manuel Martínez Risco, Luis Quesada e outros nenos, despois bós e inesquecentes amigos pois case todos están con Deus. O neno escribíu ben o ditado. Para a conta de dividir sopláronlle por detrás voces descoñecidas. A entrada no Instituto con nove anos enteirados foi o ingreso nun mundo novo, feiticeiro, acedo, descoñecido.
A historia de un neno
Ramón Otero Pedrayo
Ilustracións de Mima

Comentarios