Premonición
Hoxe, vintetrés de xuño, cando ollaba a fervenza de auga na presa, vín chegar en remuiños un ramallo de glicinas.
Por eiquí non hai glicinas. Soio "aquil" muro vello de xunto ao río cóbrese, na primaveira, disas froles que cheiran a labios frescos.
No meridía, co sol nas costas pra situar o punto Sur, ouservaba a miña sombra no río e vin que viña flotando unha ponla de alciprés.
Na porteleira "daquil" casal, que case non pode pasar o carro cheo de monte, hai un alciprés.
Foi, entón, cando cantóu a abubela.
Xa de noite -noite de San Xohán-, xurdíu do rego Baluleiros un rescaldo de rubís, chegóu o resprandor da lumerada ao ceo e unha pomba branca desfíxose coma fumo no ár.
Primaveira no Lor
Eduardo Moreiras
Fotografía de ® Emilio Blanco "Milucho"

Comentarios