Derradeiro adeus dende a beira do mar

Baixo o ceo nubrado, o mar aparecía baleiro e gris. Mais lonxe, cara o Leste, produciuse un quebrantamento nas nubes e un raio de sol foi dar sobre a auga. Moira parouse na metade da estrada, a plena vista do mar, saíu do coche, tomou outro grolo de coñac e guichou cara o faro buscando o submarino. Cando mirou o faro de Point Lonsdale e para a entrada do peirao de Philip Bay, viu a uns seis quilómetros de distancia, rumbo ao Sul, a chata silueta do submarino.

No podía endelgar os detalles, pero sabía que Dwight estaba alí, enriba da ponte, sendo aquel o derradeiro cruceiro do seu submarino. Sabía que non podía vela e que tampouco sabía que se atopaba alí mirándoo, pero saudouno coa man. Despois volveu ao coche porque o vento era forte e frío como se viñera das rexións da Antártida, e porque sentíase enferma. Dende alí, sentada ó abrigo do vento, podía contemplalo.

Permaneceu quieta, coa botella entre os xeonllos, mirando a silueta chata e gris que se perdía entre a néboa do horizonte. Era o fin o verdadeiro fin. 

Uns instantes despois xa non puido distinguir o submarino que se desvaneceu na néboa. Mirou o reloxo de pulseira: sinalaba as dez e un minuto. Naqueles instantes finais volveron a ela sentimentos relixiosos da nenez. Pensou que debía facer algo e, lixeiramente embriagada, musitou o Nosopai.

Cando rematou, tremía de frío. Un novo espasmo sumíuna na anguria mortal. Entón polo baixiño dixo:

-Dwight, se vas xa de camiño, espérame.


Na praia
Nevil Shute

Debuxo de Chacopino



Comentarios

Publicacións populares