É vello o cereixo

É vello o cereixo.
Pola primavera
case non frolecen súas antigas neves.
E él denantes era -e eu tamén neno-
un fermoso ramo de roxos merlos.
É vello o cereixo.
E van indo vellos os alegres días
que baixo a súa copa buliu o meu xogo.
E broslan os fillos as rosadas risas
ao pé do cereixo.
Que inda e ponla verde deloira xa canso.
Tamén hay agora fervenza de xogos.
Non somos os mesmos.
Eu nin o cereixo.
na beira do horto xa temos plantado
-e aínda non o enfeitan nin flores nin merlos-
un novo cereixo.



Paso soa de luz
Miguel González Garcés


A vella cerdeira do Chao. Fotografías de ® Roque Soto Soto




Comentarios

Publicacións populares