Say It With Flowers

Tamén vai cara ó romaxe
o camiño aturuxando.
As nubes mercaron onte
na vila os mellores panos.
E as nubes son tan garridas
e il vaille azanando tanto.

O rechouchío dun merlo
xa o choutou como un paxaro.
As nubes van á carreira
il co corazón ladeado.
O que viron os milleiros
iso
non queren contalo.
Quitouse o camiño a sombra,
quitou a nube o refaixo
e, vento ventiño, o bico
ficou nun arbre aforcado.

I era branca a nube,
i era verde o campo
e o corazón e o camiño
eran os dous bermellados.
Romaxes
Euxenio Montes

Pinturas de Francisco Llorens Díaz


Comentarios

Publicacións populares