TOPONIMIA DO CONCELLO DE QUIROGA



Por Nicandro Ares Vázquez





VILASTER (Santa María)

Vilaster sería unha Villa Asterii, é dicir, a vila dun Asterius, que tivese o mesmo nome ca un obispo de Oca (Burgos) en 589-597. Piel e Kremer coidan que este sería antropónimo gótico; pero non debemos esquecer aquí o adxectivo grego αστέροs 'estrelado', nin que houbo antes cinco Asterius no Martiroloxio Romano e varios máis, citados por Hyginius e por autores eclesiásticos.
Menos verosímil, anque non imposible fóneticamente, é que Vilaster fose vila dunha muller chamada Esther con nome bíblico oriental.



Chaodacasa: planum de ea casa 'chao da casa'. Ventanova provén do lat. vendita nova, casa onde se venden alimentos. 

Comentarios

Publicacións populares