Unha zona do río Sil, á altura de San Pedro (San Clodio) chea de bos recordos, tardes de baño, merendas, pesca, paseos, noites de festa… Pero tamén o lugar dun terrible accidente a poucos metros río arriba: 18 de agosto de 1967, un camión Barreiros que transportaba a máis de trinta obreiros (a gran maioría ía na caixa do camión) que traballaban na construción da presa de Sequeiros, caeu ó río e morreron afogados 16. Algúns dos superviventes desprazáronse a pé ata as súas casas. Unha traxedia nun ano tráxico en todo o mundo.
Debuxo dixital: Manuel R.Crespo
Comentarios