A terra prometida


Hai unha terra prometia pra os galegos. Galiza. Unha terra quer decir un esprito. Un camiño. Un camiño polo deserto pra conseguila: un tempo de sacrificio e idealidade, de todos os instantes, de todos os homes, de todas as enerxías. Soio se pode chegar a ser universal, é decir triunfador do tempo, facéndose donos da terra da redención, pra que nela poda nacer a palabra da verdade.

Cando Galiza sexa dona do se esprito será escoitada polo mundo, e outravolta será o fogar a onde acudan os camiño infindos da terra e da mar. 

Ollamos a un labrego rompendo un monte esgrevio pra facer unha leira: pouco despóis ise home apodrecerá no adral da eirexa: entre a leira e a coba queda fundada unha irmandade inmorrente. Diste xeito, Galiza, traballando o seu mundo espiritual, chegará a convertilo todo en terra de labranza.

A materia galega redimida polo esprito, a ledicia dos mundos novos que están na man dos homes de fé, a exemplaridade pra os demáis pobos, A Galaxia novamente acendida, toda luz da alba nos nosos montes, ningún remorso entre os nosos irmáns.


1929

Ramón Otero Pedrayo

Gravado de Jorge Castillo

Comentarios

Publicacións populares