As armas de honra

Armas de honra, disme

por quen ecoan?

Mesmo baixo as belas cores da patria

elas nunca levantarán unha capela.


As armas de honra non existen.

Unha arma, vai sempre acompañada

dunha deshonra

dunha afronta ou un dano irreprochable.


Xamais procrearán unha vitoria

sen salouco.

Estraña gloria á beira da cal

nunca corre o sangue

de reis e princesas todopoderosos.


As armas de honra son deshonra

que volven un drama nosa vida:

miseria, caos, un torrente de bágoas.

Nunca contribuirán á felicidade.


A que cae baixo esas balas

en terra, na auga, baixo unha lápida

non é senón unha parte do noso ser

carne da nosa carne.


 Alima Madina

Fotografía de Hugh Kinsella Cunningham

Comentarios

Publicacións populares