para cantar a África.
Eu non quero ser poeta
para glosar o negro.
Eu non quero ser poeta así.
O poeta non é cantor de belezas.
O poeta non loce a brillante pel negra.
O poeta, este poeta non ten voz
para camiñares ondulantes de fermosas damas
de pelos rizados e cadeiras redondas.
O poeta chora a súa terra
inmensa e pequena
dura e fráxil
luminosa e escura
rica e pobre.
Este poeta ten a súa man atada
ás cadeas que atan á súa xente.
Este poeta non sente nostalxia
de glorias pasadas.
Eu non canto ao sexo exultante
que cheira a xardín de rosas.
Eu non adoro beizos grosos
que saben a mango fresco.
Eu penso na muller encorvada
baixo o seu cesto cargado de leña
cun neno chupando a teta baleira.
Eu describo a triste historia
dun mundo poboado de brancos
negros
vermellos e
amarelos
que saltan de charca en charca
sen falarse nin mirarse.
O poeta chora aos mortos
que matan mans negras
…/…
en nome da Negritud.
Eu canto co meu pobo
unha vida pasada baixo o cacoteiro
para que eles merenden cho-co-la-te.
baixo o seu cesto cargado de leña
cun neno chupando a teta baleira.
Eu describo a triste historia
dun mundo poboado de brancos
negros
vermellos e
amarelos
que saltan de charca en charca
sen falarse nin mirarse.
O poeta chora aos mortos
que matan mans negras
…/…
en nome da Negritud.
Eu canto co meu pobo
unha vida pasada baixo o cacoteiro
para que eles merenden cho-co-la-te.
Se o seu pobo está triste,
o poeta está triste.
Eu non son poeta por vontade divina.
O poeta é poeta por vontade humana.
Eu non quero a poesía
que só deleita os oídos dos poetas.
Eu non quero a poesía
que se le en noites de viño tinto
e mulleres embelesadas.
Poesía, si.
Poetas, si.
Pero que saiban o que é o home
e por que sofre o home
e por que xeme o home.
Eu non son poeta por vontade divina.
O poeta é poeta por vontade humana.
Eu non quero a poesía
que só deleita os oídos dos poetas.
Eu non quero a poesía
que se le en noites de viño tinto
e mulleres embelesadas.
Poesía, si.
Poetas, si.
Pero que saiban o que é o home
e por que sofre o home
e por que xeme o home.
Donato Ndongo-Bidyogo
Fotografías de AP, Elisofon, Eliot e SMK Muhammadiyah
Comentarios