O neno i a estrela
No limpo azul do ceo arreloce unha estrela.
Xentil neno-poeta soña co Amor ó vela.
Dille un home que pasa:
-Ti que levas de rosas
chea-las mans, e cantas, nas veredas, mimosas
cántigas dos amores e ilusións da esistenza,
respóndeme, ¿en qué atopas antre os dous, diferenza?
Surrindo, fala o neno
-Erguede ó ceo a frente;
¿vedes no azul os raios dunha estrela lucente?
-Vexo-Pechade os ollos: ¿vedes seu brilo agora
-Non.
Destonces o neno de mente soñadora,
cos párpados de rosa docemente entornados,
di:
-<<¡Pois eu sígoa vendo cos olliños pechados!>>
Vento mareiro
Ramón Cabanillas
Ramón Cabanillas
Comentarios