Os poemas da Esaltazón. A carne (1918)

Idolo eterno!
Es a esgrevia escultura de carne, a escultura de mármore rosa
Eu reverénciote.
Eu ofrézoche a frolazón ardorosa de miña Xuventude.
Ouh carne!
Arela, dixo Hugo. E por iso na letanía de Rubén, lostreguean istes versos:

La vida se soporta
tan doliente y tan corta,
solamente por eso:
Roce, mordisco, beso...

Soasmente por iso. Soasmente por iso...
Idolo eterno e insaciabre!
En todos os momentos tenros do ofrendarte,
cos cálices de ouro, o roxo viño dyonisiaco do noso sangue.
Donas a ledicia daquel Momento e dónala tristura despóis...
Unha tristura malada e morbosa, malencólica e sutil...
Ouh, a Ledicia efímera e a dor eterna da carne!
E todos, os optimistas e os xóvenes e os eunucos, como un só, adorámoste.
I es o ídolo.
O único ídolo de toda nosa Viola.
O vello Schopenhauer tiña unha mueca sarcástica ó falare do Amor.
O Amor, non é máis que o desexo da Carne,
aínda o máis ateigado de esprito.
Soio se ama a Vida, pola consagrazón litúrxica daquel Momento...



Evaristo Correa Calderón


Debuxo de Marck Blanton

Comentarios

Publicacións populares