Tes os ollos cheos de palabras, a vida tendida diante, escaparate de xoguetes cancións fáciles de cantar. Canción dun tempo de tranvías e rúas mal empedradas; días de sol e de choiva, barrio arriba e barrio abaixo. Noites de lúa chea... soños de verbena... Bela como unha princesa dalgún vello conto de nenos, véxote bailar un valse no bico dos pés na praza do Diamante.
E ti, na azotea, tendendo a roupa
Paroleo de tendas,
coloriños de mercado; cheiro de xofre e de lúa cada noite de San Xoán.
E ti, na azotea, tendendo a roupa
ou sentada cosendo
soa, coa tarde,
e rodeada de varandas,
de vento e de azul.
longas tardes de domingo
po de lúa nas azoteas,
quietude de inverno á tardiña
cando escurece pronto.
Cheiro de rosa perdida,
claridade de cristal embazado,
xoguete roto,,
cinza de paxaro amado,
soños de verbena...
E cando a canción remate
Joan Ollé e Ramón Muntaner
Fotogramas do filme La plaça del Diamant (1982), dirixida por Francesc Betriú
Comentarios