A ROMAXE Á FIN DOS DÍAS
O mundo está condenado a desaparecer,
e organízanse viaxes espaciais para
emigrar a un planeta lonxano, a anos
luz da terra.
Mike Olfield "Song of a distant earth"
A ROMAXE Á FIN DOS DÍAS, dos mil anos,
a romaxe da morte, de Orfeo,
de axóuxeres apocalípticos.
a romaxe da morte, de Orfeo,
de axóuxeres apocalípticos.
Ó tímpano de Saraeivo.
Eurídice engulidada polas sombras
sen escoita-la lira de Mike Olfield.
sen escoita-la lira de Mike Olfield.
Os sons doutra terra distante
á que fuxiron, desesperados,
nas vésperas da sega.
á que fuxiron, desesperados,
nas vésperas da sega.
A alma ten, despois de tanto tempo
de soedade e morte,
unha codia máis dura
ca do pan dos días asediados.
de soedade e morte,
unha codia máis dura
ca do pan dos días asediados.
Bihac, no medio da traxedia
da Europa moribunda.
da Europa moribunda.
(1993-1995)
Xosé Lois Rúa
Imaxes: ® Karen Lynch e ® Dariusz Kalan
Comentarios