MATOUNA A DROGA

Matouna a droga

Matouna a droga
Quen?
Alguén mesturara cabalo no leite materno
Quen?
O pai zurrábaas todos os sábados
Quen?
A nai simplemente deixou todo e largouse
Quen?
O poli partiulle os dentes e meteulle dous dedos no cona sen atopar a droga
Quen?
No reformatorio había unha maldita lesbiana de non che menees
Quen?
Eses cabróns de pelos longos métense aquí e nos ensucian a escaleira
Quen?
Non podemos ter a unha tía con esa pinta servindo aos nosos clientes
Quen?
Leva un ano vagabundeando e agora non sabe sequera como se chama
Quen?
Xuntádeos a todos e facede con eles salchichas
Quen?
Si, estou tan mal que foder xa non reteño nada no corpo
Quen?
Préstame cinco euros para un xute, grazas, moi legal
Quen?
Nos últimos tempos púidose comprobar un desprazamento das actitudes de consumo en relación con, segundo parece
Quen?


Claes Andersson


Fotografías de ® Eugene Richards

Comentarios

Publicacións populares