NON É POSIBLE ROUBAR A LÚA
Non é posible roubar a lúa
Conto zen
Ryokan, un mestre de zen, levaba a clase de vida máis sinxela posible nunha pequena casoupa ao pé dunha montaña. Unha tarde, un ladrón entrou na chabola e descubriu que alí non había nada que roubar.
Ryokan regresou e sorprendeuno.
-É posible que fixeses un longo camiño para visitarme -díxolle ao rateiro- e non deberías regresar coas mans baleiras. Por favor, toma as miñas roupas como agasallo.
O ladrón quedou perplexo, pero agarrou as roupas e fuxiu.
Ryokan sentou espido e contemplou a lúa.
-Pobre tipo -musitou-. Oxalá puidese darlle esa preciosa lúa.
Conto zen
Ilustracións deTsukioka Yoshitoshi
Comentarios