A FAMOSA INVASIÓN DE SICILIA POLOS OSOS

A famosa invasión de Sicilia polos osos

Capítulo 1

Aquí empeza entón o caso prodixioso
da famosa invasión de Sicilia polos osos.

Naquel tempo a terra era distinta,
Sicilia tamén tiña outra pinta:
altas montañas erguíanse ata o ceo
cos seus cumios cubertos polo xeo;
no medio das montañas, os volcáns
con feitura de tortas e de pans.
Unha, como recén saída do forno,
botaba sen parar un fume morno, 
igual que unha bandeira ondeabaao vento
(e non parou aínda, de momento).
Nas escuras cavernas das montañas 
fatábanse os osos de comer castañas,
trufas, liques,cogomelos, doces regalías;
o monte colmábaos de alegrías.

Texto e ilustracións de Dino Buzzati

Comentarios

Publicacións populares