A LOVE SUPREME
Capas
A Love Supreme (Impulse). Este disco gravado por John Coltrane a finais de 1964 e lanzado en xaneiro do ano seguinte, forma parte da súa etapa de procura de novas direccións para o jazz que elixira como forma de expresión universal. Nesta ocasión, baixo o influxo dun sentido misticismo e en plena madurez, un dos saxofonistas máis xeniais de todos os tempos deixou para a posteridade este bela suite na que participan tres dos mellores acompañantes que tivo Coltrane na súa curta vida.
Subidas e baixadas, protagonismo de todos os instrumentistas, e un saxo tenor tendente á improvisación e ao blues, constitúen algunhas das características da música gravada neste disco. Sobre el abunda moita literatura, tamén hai libros especializados que explican todos os pormenores desta obra suprema, pero o mellor é mergullarse nela e escoitar os 33 minutos das tres partes que a compoñen, porque se converteu na obra de referencia do home inquiedo en constante loita e procura da innovación que foi Coltrane.
A sobria portada en branco e negro é unha fotografía asinada por Joe Alper e Lee Tanner que capta o aspecto do músico ensimesmado cos seus pensamentos que naqueles derradeiros días de decembro de 1964 dero como resultado a gravación dun álbum cheo de fondura, emocional e de afirmación tanto espiritual como musical.
Composicións: “Part I> Acknowledgement", "Part II> Resolution", "Part III> "Pursuance"/"Part IV Psalm".
Músicos: Coltrane (saxo tenor), McCoy Tyner (piano), Jimmy Garrison (baixo) e Elvin Jones (batería).
Outras portadas: Lush Life (1957), Coltrane (1957), Blue Train (1957), Giant Steps (1959), Impressions (1961), John Coltrane and Jonny Hartman (1963), Live At The Village Again! (1966) e The Gentle Side Of John Coltrane (1974).
Comentarios