O BEIXO


O beixo

Se o beixo restitui as harmonías,
os cruciales axóuxares da gracia.
e as feridas inútiles, profundas
e quizais mal curadas. 
E as doces canturías,
e os símbolos fermosos das palabras.

Hei de encontrar os signos
e crevar estes buxos que me afastan
e os luxos dos brillantes
cristais dos ríos e das fontes máxicas.

Esquecerei memorias,
días adolescentes...
Tenderei tenros panos
de frolciñas molladas,
e atareime nos altos contraluces
da miña identidade
sempre desacougada.

Asomareime á beira dos misterios,
dos panteísmos, do solpor, das albas.

Cando recobrarei a flor da zinia,
os harmónicos cantos 
e as eólicas gaitas,
e aquela plenitude de arumes nos eixidos
ancorados nos ventres das vellas arquitarras?


Desmemoriado río
Pura Vázquez

Fotogramas do filme: Un verán con Mónica (1953), dirixida por Ingmar Bergman


Comentarios

Publicacións populares