ESCRITOS NO TEITUME

Os nomes

Non os escribín no teitume por grandiosos senón por compañeiros.

Rojas Giménez, o errante, o nocturno, traspasado polos adeuses, morto de alegría,  pombeiro, tolo da sombra.

Joaquín Cifuentes, cuxos tercetos rolaban como pedras do río.

Federico, que me facía rir como ninguén e que nos enloitou a todos por un século.

Paul  Eluard, cuxos ollos cor de nonmeolvides paréceme que seguen celestes e que gardan a súa forza azul baixo a terra.

Miguel Hernández, asubiándome a maneira de reiseñor desde as árbores da rúa da Princesa antes de que os presidios atrapasen ao meu reiseñor

Nazim, aeda rumorosa, cabaleiro valente, compañeiro.

Por que se foron tan pronto? Os seus nomes non escorregarán das vigas. Cada un deles foi unha vitoria. Xuntos foron para min toda a luz. Agora, unha pequena antoloxía das miñas dores.


Palabras de Pablo Neruda, acompañadas das fotografías  de Sergio Larrain, que saíron no libro titulado Unha casa na area.


Comentarios

Publicacións populares