MAN QUE ESGARRA

 


Desmán

Teño unha man que esgarra e súa as paredes dos retretes,
sentencia nos faiados dunha idea, nas túas propias mans, os meus ollos
ou na velocidade da estrea dun silencio.

A man non vén dun brazo que dá nun cóbado...
pero axexa
no estremo dos meus ollos as túas vidas - fóra de min-.
un rosario de espantos e arrebatos
que exploraría
como fozarían os meus dedos nos baúis dos esquecidos!

E esa man, insólita e aprendida, camiña soa a un tempo
en mundos intocables e miserias corporais que apartas.
coma do teu seo fillos.

Comigo
e os despoxos de vós nace a historia

en min. 

Xela Arias. Tigres coma cabalos (1990). Xerais.

Montaxes feitos coas capas dos libros: De certo, a vida ía en serio (2021). Chan da pólvora Editora. Colección Cova da lontra. Selección e montaxe dos textos María Xesús Nogueira Pereira.

Darío a diario (1996). Xela Arias. Edicións Xerais de Galicia.

Comentarios

Publicacións populares