RAPACIÑA CHINESA SÉCULO XI

 


Escribíalle ó vento en pétalos de Adonis:
Vento do Sur cómplice dos amantes 
a lúa está prendida no salgueiro
Na noite o reiseñor vela connosco

Pídocho por favor...detén o tempo


Detén o tempo cun hálito de nube
Detén o tempo cunha folla de neve
Detén o tempo coas palabras da chuvia
Detén o tempo cos fíos do silenzo


Deter o día cunha flor
Luz Pozo Garza

Comentarios