AS QUE ABREN OS OLLOS


A oración das mozas perdidas

Señor Xesús, que fuches a miúdo favorable ás putas
Mesmo coas que se deitan por pracer ou por aburrimento
Ti que fas que as pedras sexan pesadas nos brazos dos fariseos
Dos que caen mortas como eles
E que dis á adúltera que non volva facelo sen estar moi convencida

Ti que arrastraches ás túas costas mulleres erradas
Ti que prefires as xanelas aos muros
Ata as cortinas amolábanche
E ás mulleres de negocio as soñadoras
As que abren os ollos ás que fan o correcto
A Marta María
As que escachan o frasco de perfume ás que lles dura vinte anos porque é un perfume caro
Ti que dicías: deixen todo, tomen carreiro
Como máis tarde André Breton que puxemos nunha pléiade está ben pero
non importa o que fagamos a túa tumba está baleira
Señor Xesús, fai que saia á rúa o que amo e que segue en casa
Está esnaquizado non é culpa miña
Ao principio ignorábao, ti sábelo, logo non quixen sabelo
E era demasiado tarde cando se quere facer o amor con alguén cando non se pode deixar de facelo
Fai que veña á miña casa
Prométoche que a miña casa está aberta aos catro ventos
Dubido tanto que non podería retelo
E pronto cho devolverei, chorando
Regresará á súa casa
Mañá pero hoxe
Fai que veña a min e sorríame
Eu ocúpome do demais
Amen, amen

Poema de Sophie Martin

Fotogramas dos filmes Something About Mary Magdalene (2007), de ‎Harvey Crossland, Mary Magdalene (2018), de Garth Davis.

Comentarios

Publicacións populares