CANDO O TEMPO BUSQUE O MEU PEITO PARA SOÑAR
Cando deba durmir
Oh, na hora na que deba durmir,
Fareino sen identidade,
E xa non me importará como cae a chuvia,
Ou se a neve cobre os meus pés.
O ceo non promete salvaxes desexos,
Poderán cumprirse, acaso a metade.
O inferno e as súas ameazas,
Coas súas inextinguibles brasas
Xamais someterá esta vontade.
Polo tanto digo, repetindo o mesmo,
Aínda, e ata que morra direino:
Tres deuses dentro deste pequeno marco
Guerrean día e noite.
O ceo non os manterá a todos, non obstante
Eles aférranse a min;
E meus serán ata que o esquecemento
Cubra o resto do meu ser.
Oh, cando o tempo busque o meu peito para soñar,
Todas as batallas concluirán!
Pois chegará o día no que deba repousar,
E este sufrimento xa non me atormentará.
Poemas
Emily Brontë
Oh, na hora na que deba durmir,
Fareino sen identidade,
E xa non me importará como cae a chuvia,
Ou se a neve cobre os meus pés.
O ceo non promete salvaxes desexos,
Poderán cumprirse, acaso a metade.
O inferno e as súas ameazas,
Coas súas inextinguibles brasas
Xamais someterá esta vontade.
Polo tanto digo, repetindo o mesmo,
Aínda, e ata que morra direino:
Tres deuses dentro deste pequeno marco
Guerrean día e noite.
O ceo non os manterá a todos, non obstante
Eles aférranse a min;
E meus serán ata que o esquecemento
Cubra o resto do meu ser.
Oh, cando o tempo busque o meu peito para soñar,
Todas as batallas concluirán!
Pois chegará o día no que deba repousar,
E este sufrimento xa non me atormentará.
Poemas
Emily Brontë
Fotografía de © Richard Tuschman
Comentarios