CAZA PERSECUTORIA

   

Agora estaban de camiño, e non sabían ben para onde.

Os alemáns tiveran que deixar Brno.

Os rusos venceran a Hitler e os checos querían o país para eles, a pesar de que checos e alemáns vivirán xuntos desde sempre.

Tía Carla e máis el tiñan que agardar por un amigo checo dela que os acollese, e non debía facer a pé a traxecto ata a fronteira, coma moitos outros.

Tiveran que ir no tren ata Mikulov e, desde alí, andar pola fronteira ata Austria.

Levaban tres días de viaxe.

Tía Karla prohibíralle falar naquel tren ateigado:

-Faite parvo e mudo. Non deben saber que somos alemáns; botarannos na seguinte estación.

Tía Karla falaba o checo tan ben coma o alemán.

El conseguíu non dar pío, e tía Karla gabouno:

-Ás veces podías facer de mudo; non me porías dos nervios, latriqueiro.

De cando en vez, tía Karla esaxeraba...

Naquela rúa deserta, volveron pousar as maletas.

Tía Karla concluíu que a cidade fora bastante bombardeada. A Bernd dáballe igual.

Desexaba que a longa marcha rematase, mentres unha chea de cousas lle andaban pola cabeza: 

Tiña un teito, vivía coa miña tía en Brno, ía á escola, tiña amigos... Pero como somos alemáns, non podemos quedar alí. Vaia tolemia!

Era principios de xuño de 1945.

A guerra rematara, e aínda non había paz de verdade.

Hitler morrera, pero algunha xente pensaba que fora un gran führer.

Co vento de cara
Peter Hartling

Ilustración, portada do libro Viaje contra el viento, de P.H. Ediciones SM

Comentarios

Publicacións populares