REGUEIFA NOS MUÍÑOS

 

Segador

Pillou a lúa ao lombo...Nin paxaros nin niños:
o fume da poeira nos chairos de Castela.
Sen chancas nin espigas —o pan, o pao son dela—
E volta pra Galiza co vento dos camiños.

Dez pesos nunha nota! Regueifa nos muíños,
enchenta de saudades e caldo pra a cadela.
O sol estraño e fero! Bola de pan, manela,
apertas da parenta e bicos dos meniños.

Hala! Hala pra Galiza, que hai brétemas e orballos
e gándaras e serras e relva e cascallos.
Castela regateira merca suor e calos.

Hala! Hala pra Galiza, que hai flores nos carreiros
e festa nos regatos e prata nos outeiros.
Por sangue novo e rexo castela dá diñeiros.


Fírgoas
Manuel Luís Acuña
Fotografías: A seitura en Pixeiros (Ourense). © Manuel Mandianes Castro.

Comentarios

Publicacións populares