UNHA SEREA EN TERRA

 

María Mariño en Parada do Courel

A parella cambia outra volta de destino, agora vai para Parada do Courel. A forte depresión que mantiña a María nun longo túnel negro comezou a recibir algunhas raiolas de luz despois do ano 1953. Nese ano volveu para Parada despois de facer o servizo militar Uxío, un mozo veciño.

El, que se recuperaba dunha enfermidade, recibía con gratitude as visitas de María, ela adoitaba acompañalo na súa convalecencia porque gustaba de escoitarlle falar de Galicia, da súa redención, de poesía, da musicalidade da lingua galega.

A paixón que Uxío poñía nas súas palabras deulle a María o pulo necesario para expresar os seus sentimentos sobre un papel e para recitarlle despois as súas composicións ó gran poeta Uxío Novoneyra. Así naceu Palabra no tempo, o primeiro libro de María Mariño, publicado no ano 1963. O mundo da literatura galega quedo abraiado con esa obra, sobre todo porque ninguén oíra falar desa autora nin tampouco ninguén parecía coñecela, xa que ela pouco se preocupou de abandonar os tesos cumes courelás para facer vida social. 

María Mariño
Unha serea en terra
Carme Hermida Gulías
Ilustración de Mauro Trastoy
Sotelo Blanco Edicións S.L.
Santiago de Comostela
2007

Comentarios

Publicacións populares