A ROSA MEDRA



Norte do meu Sur

en Túnez


Mesmo no deserto
a rosa medra
-esa flor tremenda-,
Se non auga e brisa, area sobre area
será en abrazos,
teimuda e sorprendente.
Disforme e ingobernable abrolla o pétalo e medra;
disformes e ingobernables amoréanse eles:

Neste trozo do seu norte
Africa Rebenta.

Xela Arias

Comentarios