CADA CARBALLO É UN SER VIVO


A vella, fermosa carballeira,
pon en nós un inquedo tremor respectuoso:
cada carballo é un ser vivo
que canta, sofre e ama.
A súa sombra é un enigma
na que non podemos penetrar
doadamente.
E a súa voz,
rouca e cambiante, ten
un tremor escuro de salmodia.
Que mensaxe nos quere transmitir
o seu canto humano e vexetal?

Ritual para unha tribo capital do concello
Manuel María

Comentarios

Publicacións populares