SACERDOTISA NUNHA ILLA

 

Eu, Calibán
Calibán tempestiva son unha nova criatura Calibán de seos e vaxina caníbal dos teus beizos que trago esa boca no medio deste vaivén vómito en bágoas o desexo de emancipación medro na miña loita loito contra Próspero na vontade de ser libre de liberar aos meus devanceiros afogados estatuas de sal debaixo do mar homes e mulleres mandíbulas quen abriu os seus dentes para engulir as vísceras do esclavizador e ti fuches amo eu son a túa ama hoxe domino a túa pel branca obsesiva domino esa derme co meu sexo son Mayoral son azoute, mestura, carimbo e que son babalao son sacerdotisa nunha illa sen naufraxios sen náufragos lograrei a vinganza ao alcanzar o orgasmo observando o meu triunfo gozándome a túa destrución
prosperar no medio destes ventos engulir esta tempestade para liberar aos meus
son Calibán
Calibana 
Canibalia caribeña o teu corazón xace cru entre os meus cabeiros xa baixa en carne viva pola miña gorxa


Yolanda Arroyo Pizarro
As fotografías corresponden as capas do libros da autora portorriqueña: Las negras, Caparazones e Avalancha




Comentarios

Publicacións populares