CÍRCULO MÁXICO

Ode á cidade de Lugo

Matrona e nai, bosque sagrado:
agora as túas árbores son torres de laxe,
cantería e cemento. A muralla é
a sebe que protexe e pecha o teu
círculo máxico e sagrado como ollo
misterioso e xigantesco, a espreitar
as grandes nubes tráxicas
que choran sobro de ti a súa
tristura inconsolábel. Os teus
paxaron convertéronse en graves,
melancólicas campanas lembradoiras
e gardan, para sempre endexamais,
na súa fina lembranza estremecida,
cantos celtas, romanos e suevos
que resoan, no seu canso e vello
corazón inmemorial, co marmurio
-nidio, musical, cecais eterno-
das ondas máxicas do Miño,
¡ouh cidade para viver e non morrer!


As lúcidas lúas do Outono
Manuel María

Comentarios