FRÍA INCERTIDUME

Nova York e Berlín

Manhattan de néboa e fría incertidume
as follas caídas trofeos sanguentos
berlín está perto fundido nos peitos
calquer música triste podería ser a nosa
odiamos as modas ritmos da evidencia
madrugadas  furando a cera dos días
vidas debulladas como cousa allea
que non nos pertence amor nas pantallas
escuros cristais abrazando o ceo
así imos verquendo todo o desacougo
polas cloacas suxas da eterna cidade

Flor no deserto
Ramón Caride Ogando
Imaxes de Andy Constable e Jeff Loveness, Lisandro Estherren e Patricio Delpeche

Comentarios