SI BERRA FERO O VENTO


A unha nena que baila no vento

Baila na praia, baila;
Porque ha de darche coita
bruír do vento ou auga?
Os teus cabelos solta,
que ondas do mar mollaron;
es nova, e non tes visto
a vitoria do parvo,
o amor gaño e perdido,
morto o mellor labrego
sen atar as gavelas.
Si berra fero o vento,
poque has temelo, nena?

W.B. Yeats

Pinturas de Steve Hanks e Shona Shirley Macdonald

Comentarios

Publicacións populares