CAMPÁS NIDIAS DE OUTONO

Ornato

Escorrego un talo de arroz na túa boneca
Un brazalete de xade soa a grilos na espesura
Unha chama de carne e óso
Afundida
Un par de mamilas rosadas

Vou cubrir o teu pescozo
Misterioso colar e o crepúsculo
Campás nidias de outono
Tremor como de cidade
que regresa entre os ceos

Vou afundir no teu peito
Unha tempestade

 Thanh Thao

Imaxe de Duong Quoc Dinh

Comentarios

Publicacións populares