A VOZ NA DOR

 

Perdín a capacidade de atopar

 
A necesidade dunha xanela para os medos
Perdín o meu nome nun retrato
Perdín o sinistro dunha ollada
Nunha máscara
A habitación sen raíces
O aroma das follas mortas
Perdín a presenza do espanto
Detrás dun espello de risas engaioladas
Un artificio empuxaba
Silencio sobre os ósos
Perdín as batallas pequenas
O sorriso do universo
As páxinas detrás do ceo
A bolboreta engaiolada
Perdín as persoas inmediatas
Os versos con forma de nube
Labirintos de ramas verdes
Perdín a voz na dor
As cancións de cada tarde
Perdín a miña quimera nun prato
E as maletas nunha promesa de ollos vendados.


Sharon Rodríguez (1991, Cuzco, Perú)

Fotografía: © Marina Khrapova 

Comentarios

Publicacións populares