O SEU CORPO TENDIDO
Stabat mater dolorosa
Stabat mater dolorosa
o seu corpo tendido, moldeando o chan imenso, dando
forma aos camiños,
nos montes o rostro suavemente choroso, desfeito en água,
río ou mar constante,
dando vida a un pracer do que xa non tivese memória.
Pura extensión, a nai que nos leva da man as estrelas e
nos deixa no berce dun terror infinito.
Estaba, está, estará, se é posible imaxinar a nosa
esperanza ,
xunto aos edificios moribundos, de onde penduran atroces
palabras, gallardetes de festa, imortais danzas nas que deuses
humanos se desangran para beber-se a si mesmos e blasfemar-se.
Coas mans e cos pés está a nai nas raíces nacidas da
rebelión dos humildes, mansedume estarrecedora rebentando
tambores.
Fermosa nas marusias do cabelo xa canso, nos seos
acendidos por amores ocultos, ainda a paixón titilante baixo as
xemas do cemento, nos olares famintos, nos esgotos, nas luces
dos metais soñadores
tan só co poder que florece das vítimas, estaba
ao potón da xustiza que se abre á vinganza,
estará, continuará estando,
polos fillos dos fillos dos fillos,
presenciando unha morte: a do fillo que a mata.

Luísa Villalta (1957-2004)
Comentarios