LETRAS GALEGAS 2022-FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN



https://asletrasdeflorencio.gal/


Posta de sol desde o jet

(A voar por riba da Baixa California)

Cara ó pazo do solpor
camiños de ouro no mar...
(Agonía da luz:
fogueira de rubís,
                         trunfo da malva
logo gris, 
logo chumbo,
logo,
                         a noite enloitada)
Cara ó pazo do solpor,
camiños de ouro no mar.
O mar Pacífico agarda
o intre de comungar.


Florencio Delgado Gurriarán

Comentarios