REMUÍÑO DE AUGAS

Canción deitada

Húmido, húmido, na humidade metido,
creo que es cervexa, leite e seme.
Es remuíño de auga, un deus do río
con cabeza felpada. Do teu nariz
brota o sangue, e da túa boca o viño.
Es humectante que cura catarros e
resfríos. Emites un vapor perenne,
exhalación, regato de ouriños, bágoas
mornas. Tes unha erección en frío e,
escurridizo, pérdesche debaixo da
lama. De súpeto caes, fogoso, ganas ti,
barulleiro, e en todas as habitacións
tocas portas. Mentres eu, cal medusa
vibrante, como un salmón que encalla.
sobre a túa suavidade escorrego e quedo
plena.

Marge Piercy 

Fotografía de © Robert Mapplethorpe

Comentarios

Publicacións populares