ENTRE O FUME

 

Noite e tabaco

Ten a voz enrouquecida
como unha trompeta que eu coñezo

E os beizos afeitos ó buligar dun meigo.

A noite ten a súa mesma traza
e trema como a terra
cando eu a provoco.

Ás veces,
semella que se irá por entre o fume
como un trasno burlón 
pero eu gusto do seu tabaco,
ese arrecendo que zumegan as sabas
cando ela dorme
sen prestarme os seus ollos.

Entón pecho as fiestras 
e quédome a escoita-lo seu silencio
que é como un neno solitario
que xoga polo patio.


Voces do alén-mar
Roberto Díaz (Avellaneda-Buenos Aires, 1938-2011)

Imaxe de Susan Sarandon nun fotograma do filme Thelma & Louise, 1991, de Ridley Scott.

Comentarios

Publicacións populares