LETRAS GALEGAS 2022-PANDEIRADA




Pandeirada

Nenas, vinde á pandeirada,
que sinto, no peito, o adufe
do meu desexo, rapazas.

Os ollares churrusqueiros
son mans a bater no adufe
que anda a soar no meu peito.

Nenas, vinde á pandeirada,
a pór acordes co adufe
ás ferreñas das risadas.

estoupe, que estoupe, que estoupe o pandeiro;
nas bocas floridas que estoupen os beixos;
estoupen os risos e os salaios ledos;
estoupe o xustillo, gaiola dos peitos!

Ledicia da pandeirada:
arcos-peitos, branco-adufe,
frechas-tentaciones o rachan.

Eléctrico de sexos
vai estoupar meu adufe
co bater dos vosos beizos.

Ledicia da
pandeirada: acordes co meu adufe
vosas ferreñas, rapazas.

Tanxe, que tanxe, nena rebuldeira,
coas mans que buligan coma bolboretas.
Tanxe, que tanxe, tamén eu tanxera
a bicos, o adufe da boca vermella!

Galicia infinda
Florencio Delgado Gurriarán

Láminas de © Luis Davila

Comentarios

Publicacións populares