Casa con corredor
Debuxo realizado un verán de finais dos 80. Na parte alta da aldea quiroguesa de Os Novais atopábase esta fermosa casa, detrás de dúas figueiras siamesas. A casa é a típica galega das cuncas do Sil de do Miño con dúas alturas, corredor e orientada ó sur.
Un corredor acolledor que se presta á meditación, á contemplación da paisaxe, á lectura sosegada ou a cantar á luz da lúa. A figueira dividida en dúas cunha forma case simétrica.
Debuxo de © Manuel R. Crespo
Comentarios