CANLES DE PENETRACIÓN
Parte de batalla
Decidín desconecta-las borneiras que me unen
cos circuítos da comunicación.
Desoio as ondulantes danzas de Hertz
as insinuantes chamadas do fax e o movicón
que tradean o diafragma terrasiena das miñas tardes.
Manteño unha prudencial distancia cos visores luminosos
de tanta sutileza para incorporarse
ás células primitivas do meu corpo.
Esgrimo
con alta convicción
o escudo protector das miñas artesanías
das miñas imprecisas talladuras sobre a madeira
das miñas convulsións con papel e pinturas.

Son libre dígome
e desconecto unha a unha
as liñas de entrada á miña consciencia.
Os hábiles excitadores non se dan por vencidos
encontraron imperceptibles canles de penetración
os moi arteiros
coñecen cada febleza da miña conducta
e agardan o intre axeitado para atacarme sen piedade
acender algunha luz verde nas miñas pestanas
e facerme na caluga cóxegas
ríndose.
Non coñecen a miña arma secreta:
un desactivador ultrasensible
que aínda funciona como un corazón.
Voces do alén-mar
Antonio J. González
Comentarios