REGATO, TORRENTEIRA, AUGA SEREA


Quen me dera!

I

Regato que te vas rindo,
regato que marmullando
vas entre ulidos de froles,
rebrincando polo prado, 
posme cubiza ¡abofellas!
quen me dera ser regato!

II

A vida é torrenteira que se desploma
antre penedos feros dende moi alto,
cega, non mira o fondo,mais cando o mira
e voltarse pode, chea de espanto
perde a cabeza e caie
feita pedazos.

III

A vida non é a auga, doce, homildosa,
coma a auga serea do teu regato!


Avelino Gómez Ledo


Comentarios

Publicacións populares