SEGREL DA TERRA VALDEORRESA

 

Homenaxe a Florencio-Manuel Delgado Gurriará, poeta de Valdeorras


Florencio-Manuel, amigo
do vello Sil cantador,
o río sofre contigo
as coitas dun vello amor!

Florencio-Manuel Delgado,
o da Galicia infinida,
levas o peito mancado,
a alma levas ferida...!

Florencio-Manuel, segrel
da terra valdeorresa,
verso de lúa e de mel,
palabra en paixón acesa!

En Valdeorras non se afán
sen o teu verso amantitño,
ouh Delgado Guirriarán,
cantor da terra e do viño!

Cancioneiriño de Valdeorras
Manuel María 


Comentarios