CENTENARIO DE PASOLINI


Sen abrigo 

Sen abrigo, no aire de xasmín 
pérdome paseando á tardiña
respirando ávido, recollido, ata

non existir, ata que a choiva
é como unha febre no aire,
a choiva que xermola, e o ceo

que ameaza, árido, sobre asfaltos
e obradoiros e rabaños de rañaceos,
cheos de fochancas e de fábricas.

inseridos na escuridade e a miseria...
sólido lodo endurecido, cheirento,
tugurios recentemente feitos e xa decrépitos

nos límites de quenturentas áreas herbosas...
ás veces a experiencia derrama ao redor
máis ledicia, máis vida que a inocencia;

pero este mudo vento xorde
da asollada rexión da inocencia...,
o cheiro precoz e débil da primavera que avanza

disolve toda defensa do corazón
redimido con só a claridade:
antigos desexos, frenesíes, perdidas

tenruras recoñezo neste remexido
mundo das follas.


Cadros de Friuli
Pier Paolo Pasolini

Fotografías de © Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares