DIBUXABA A CHUVIA

Un ouriol

Ista mañán
despertei coa luzada primixenia,
e un ouriol cantaba un contar solprendido.
Chovía e dibuxaba a chuvia
algún modo de Deus sobor do chau,
amolecido e mouro. Escoaban
regueiriños teimundos nos lousados.
Unha vez mais ollei para ista paisaxe,
que se me acae coa alma,
e pensei que é ista chuvia o tempo que nos dan.
Cánto choveu nos días dista terra,
amiga miña, cánto
tempo pasou mollado polo amor.

Libro de Caldelas
Xoán Manuel Casado


Comentarios

Publicacións populares