"Cando el abra o séptimo selo, extenderase
no ceo un longo silencio. Eu vexo sete
anxos que se tenden ante Deus, e el
entrégalle as sete trompetas".
(Karin, en "O séptimo selo")
ABRÍN OS SETE SELOS e botei unha ollada
o tímpano apocalíptico, ós sete cabaleiros,
ós capiteis bordados de morte incandescente
con fíos de carbón e de lume,
de sexos martelados.
Demos, serpes, dragóns e gadañas afiadas
para a definitiva sega do agosto sanguento.
Agárdame na porta estéril do inferno
que prometo levarte ás augas da Lanzada
para que as nove ondas che envolvan a cintura.
Quen ha de agroma-la semente que deitei en soños
no teu colo de nata, de mel e de castañas
recén caídas dos ourizos do outono.
Liébana semella estar moi preto
nestas horas de angustia e desamor.
Mergullado na nova Apocalipse
Xosé Lois Rúa
Fotogramas do filme O séptimo selo (Det sjunde inseglet). 1957, de Ingmar Berman
Comentarios