ARROLA A CUME, ESPAIA A NÉBOA

SI O OUTONO non crebara o tempo
non se erguía en verso longo o poeta,
o trobeiro que en liña chega á meta
arrola a cume, espaia a néboa, achega o vento.

Os cantores esquecen o seu día
e dóense do que saben que lles chega.
Quece o zoco no ourizo e na nebra.
Vela o arbre a súa en lousa compañía.

Alumea o souto a esperanza soia,
a que onte viveu na súa sombra amiga,
espera hoxe o que dela quedou fóra.

Roda do carro que, entre lousa e folla,
vas trocando por mañán cantiga
atopas noite, atopas día e quedas soia

Palabra no tempo
María Mariño

Fotografías de © Emilio Blanco "Milucho"

Comentarios