PAGAREI TODAS AS DÉBEDAS

 


Mañá tocarame o gordo

Todos me chamarán por teléfono.
Amigos, colegas, compañeiros de xogo
e de colexio, tíos, amores dá outrora.
Darémonos cita no Reloxo.
A festa durará ata as tantas.

Pagarei todas as débedas.
Regalarei un número sen relevar de cheques en branco.

Comprareille un teatro a Karin
un planetario a Nick
e a Ivo un xardín.
Á miña nai dareille uns cuantos netos
e ao meu pai unha república tropical.

Despois comprareime unha hectárea na montaña
e un hotel en Coimbra.
Alí escribirei con Arjen o abecedario.

Legarei ao Estado o meu lugar de orixe 
ao museo municipal a miña bendición. 
Doarei para a protección do yeti
e ao instituto de loita contra o pudor.

Circularán coches polas rúas día e noite
con altofalantes montados no teito.
<<Aforrar é pecado!>>
<<Que paguen os ricos a crise!>>

De modo que tendeiros, poetas e parados:
Non desesperedes!

O Mecenas está por chegar!


Si, espidos como as pedras (1989)
K. Mitchell 

Comentarios

Publicacións populares